Todas as obras de teatro, todas as saídas para representar fora, non serían posibles se non fose gracias a María. Pero sobre todo esta obra (¿Cuántas caras tiene la vida?) que ela escoitou, fixo que se escribira, leuna, aportou escenas e deulle o toque máxico a cada unha delas. Hoxe 22 de decembro de 2010 probablemente foi a última representación desta e como dixo Luís onte “Vina cinco veces e facedesme chorar sempre”, nos representámola cinco veces e cada vez estamos mais unidos.
Levo case seis anos facendo teatro e fun crecendo pouco a pouco, pero estes dous últimos anos foron incribles e nunca os esquecerei. Esta foi unha obra de todos nos, unha obra ca que moitos dos meus compañeiros se animaron a probar o teatro e vese a legua que están na súa salsa pois son excelentes actores. É a obra de Bach.! A primeira vez que se representou estábamos moi nerviosos, todos incluíndo a María, o final foi especial. Cada un de vos déstesme unha rosa que aínda, despois de un ano, conservo e estarán ai para sempre, cada vez que as vexo acórdome de vos e de cómo me deixastes sen palabras. María tamén cas súas palabras o inicio do acto me arrincou as miñas, e levo co resentimento de non ter dito nada naquel momento pero non podia… María sempre nos deixa tan arriba…
Porén, as sorpresas non remataron ai. Este ano, unha semana antes de ir a representar a Chaves, estiven solitaria polo instituto adiante. Ia o baño e cando volvía as miñas compañeiras xa non estaban, María esquivábame e a Pablo dáballe moito a risa que chegou un momento no que algo me cheiraba mais nunca imaxinei que fora o que foi. A representación, do poema da Paz, por Álvaro, Andrea, Belén, María e Marina (que estes días non puido estar), ca que me emocionei e me encantou ver. Pablo, aínda que non saibas mentir e te delates, sempre me sorprendestes. En Ponferrada tamén foi un detalle por parte de María e Federico que as nosas parellas do desfile nos entregaran unha rosa a Andrea, Belén e a min (as veteranas do insti). E a Peter gracias tamén, porque se puxo de técnico de son e me sacou do apuro de ir dun lado para outro poñendo a música e a María que non podería estar a tantas cousas a vez.
Simplemente dicir que sodes todos magníficos e darvos as gracias, pero sobre todo a ti María que me fixeches crecer neste mundo. Gracias por escoitarme e crer en min.
Espero non haberme esquecido de nada, esta maña eran tantas as cousas que quería dicir que, co me tremían as pernas, non dixen nin a metade do que me houbese gustado. E xa que non nos queren ver po ano no instituto, irémonos con estes recordos e ti María non cambies nunca e séguete movéndote como o fas polos alumnos, polo instituto.
Sempre comigo, Estela.
2 comentarios:
miña nenaaaaa!!!eres a miyor,sabelo non????jajajjaaj ke sepas ke para min foi un honor representar esa obra e que nunca me cansarei de representala poruqe e algo que nos uniu ainda mais do que xa estabamos!!!!!!!asi que GRACIAS a ti wapa!!!!!!Mil bicos!!!
Noraboa de novo a todos e todas. Sodes un grupo ilusionado, con Maria ao fronte. E a terceira vez que vexo a obra preparada por Estela, e levada a realidade tan ben por todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Van tres veces pero resulta imposible non estremecer ante as denuncias que facedes en "As duas caras da vida".
Pedir, nestas festas, que cada persoa que teñades sensibilizado na vosa represetnacion pase a traballar para cambiar a situacion. No teatro espectadores, na vida real actores e actrices polo cambio.
Noraboa de novo rapaces e Maria
Luis Fernandez
Publicar un comentario