13 de mayo de 2011

Guerra Civil Española



Conmemoración Día do Libro, homenaxe a Miguel Hernández

11 de mayo de 2011

Ti si que vales

Todo un éxito o festival de danza, teatro, música e expresión corporal celebrado o pasado día 15 de abril, venres, na Casa da Cultura de Viana. Os distintos grupos de alumnado, desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, puxeron en escena os seus bailes e representacións. Moitos deles volvéronse repetir á tarde, nunha sesión aberta ó público da vila. Aquí podedes ver algunhas imaxes das actuacións.
Ese mesmo día puidemos desfrutar, tamén, da actuación da Escola de Música do Barco, que agardaron pacientemente, xa que o festival se prolongou máis do previsto. De novo reiteramos as nosas desculpas pola súa espera e agradecemos a súa presenza.
Dende os departamentos organizadores queremos agradecer a tódolos que participaron e axudaron para que este festival fose posible, profesorado e alumnado, xa que foi unha fermosa experiencia, ¡gracias!

Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo.

3 de mayo de 2011

Escola de Artes Escénicas (Vigo)

O 29 de abril recibimos unha visita moi especial; viñeron dous profesores da Escola de Artes Escénicas de Vigo para darnos a coñecer a súa escola. Os profesores que tivemos o pracer de escoitar foron Mariana Carballal e Damián Contreras, que nos deron a coñecer os estudos e ensinanzas que se imparten na escola. Uns estudos encaminados a obter o título de Grao, que hoxe reciben os alumnos que cursan estudos universitarios segundo o Plan Bolonia. Na escola impártense estudos de Grao en Arte Dramática en tres especialidades:

1.Interpretación.
2.Dirección escénica e dramaturxia.     
3.Escenografía.

Para acceder a estes estudos os aspirantes deben realizar unha proba de ingreso, que ten lugar na primeira semá de setembro. As probas de acceso constan de dous exercicios: un teórico e escrito , e outro práctico e oral (para máis información pinchar aquí).

Pero, ademáis destes estudos, impartense outros, como os estudos de Posgrao, o Master en Artes Escénicas e as actividades pedagóxicas fóra dos estudos que constituen o currículo ordinario.



Despóis da charla Mariana e Damián atenderon os rogos e preguntas dos alumnos interasados nos estudos e charlaron un rato con eles. Dende este centro queremos agradecerlle ós profesores da ESAD a súa visita.

 
María del Carmen Varela, IES Carlos Casares Viana do Bolo.