Todo un éxito o festival de danza, teatro, música e expresión corporal celebrado o pasado día 15 de abril, venres, na Casa da Cultura de Viana. Os distintos grupos de alumnado, desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, puxeron en escena os seus bailes e representacións. Moitos deles volvéronse repetir á tarde, nunha sesión aberta ó público da vila. Aquí podedes ver algunhas imaxes das actuacións.
Ese mesmo día puidemos desfrutar, tamén, da actuación da Escola de Música do Barco, que agardaron pacientemente, xa que o festival se prolongou máis do previsto. De novo reiteramos as nosas desculpas pola súa espera e agradecemos a súa presenza.
Dende os departamentos organizadores queremos agradecer a tódolos que participaron e axudaron para que este festival fose posible, profesorado e alumnado, xa que foi unha fermosa experiencia, ¡gracias!

Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario