19 de marzo de 2012

VILAMOR. A película, tes que vela!



As cinéfilas e cinéfilos do IES Carlos Casares estiveron esta mañá de noraboa. Como xa sucederá hai tres anos, co preestreo de Pradolongo, o elenco formado polo director Ignacio Vilar, e os actores Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, visitaron a “alfombra vermella” do noso instituto para presentar o trailer de Vilamor , filme rodado en exteriores do Caurel, Piornedo e Grandas de salime, e situado na Galiza rural da década dos setenta, e focalizado nos adolescentes e xóvenes que creían que un mundo mellor era posible. A producción ten un orzamento de 1.700.000 euros, cantidade cualificada por Vilar como “desmesurada no ámbito galego, pero de baixo custo no contexto do cinema europeo”. O mundo da post-dictadura franquista, e as mostras dunha modernidade que xa invade Galicia nos finais dos 70, conviven pois, coas ilusións dun paraíso rural que soña con permanecer incólume no tempo. Moitas grazas, pois, á productora, por obsequiarnos con esta primicia, e so compre animarvos a todas e todos a asistir ao estreo comercial de Vilamor...

Carlos Ferreiro.

Páxina Oficial 








        Sábado 31 de Marzo Estreo
Cine Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras
Cine Avenida, A Rúa de Valdeorras