As cinéfilas e cinéfilos do IES Carlos Casares
estiveron esta mañá de noraboa. Como xa sucederá hai tres anos, co preestreo
de Pradolongo, o elenco formado polo director Ignacio Vilar, e os
actores Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, visitaron a “alfombra vermella”
do noso instituto para presentar o trailer de Vilamor , filme
rodado en exteriores do Caurel, Piornedo e Grandas de salime, e situado na
Galiza rural da década dos setenta, e focalizado nos adolescentes e xóvenes que
creían que un mundo mellor era posible. A producción ten un orzamento de
1.700.000 euros, cantidade cualificada por Vilar como “desmesurada no ámbito
galego, pero de baixo custo no contexto do cinema europeo”. O mundo da
post-dictadura franquista, e as mostras dunha modernidade que xa invade Galicia
nos finais dos 70, conviven pois, coas ilusións dun paraíso rural que soña con
permanecer incólume no tempo. Moitas grazas, pois, á productora, por
obsequiarnos con esta primicia, e so compre animarvos a todas e todos a asistir
ao estreo comercial de Vilamor...
Carlos Ferreiro.
Páxina Oficial |
Sábado 31 de Marzo Estreo
Cine Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras
Cine Avenida, A Rúa de Valdeorras
No hay comentarios:
Publicar un comentario