31 de enero de 2012

Xa teñen camiseta!!

Os futuros artistas do IES Carlos Casares xa teñen camiseta, tardarán uns aniños en pisar o instituto pero xa van formando parte del.

Mario e Aldara ( Que non falte un libro :) )
Mario e Aldara

30 de enero de 2012

Día da Paz

Nesta xornada do 30 de decembro, en conmemoración do Día da Paz recibimos no IES Carlos Casares a visita de varios alumnos de Xinzo de Limia, que nos viñeron a dar testemuño da experiencia da inmigración, a adaptación á vida noutro país, co seu enriquecemento e tamén as dificultades da viaxe, e por suposto nos falaron da súa cultura, costumes, gastronomía, etc. Os nosos convidados foron Rady Trinidad Díaz (EPA), Ayoub Nagihi (3ºESO), Abdenabi Erraihani (PCPI electrónica), Khadija Bechiki (PCPO cociña), Fatima Ezzahara Aboufaris (4ºESO). Todos eles foron coordinados por Xosé e Conchi, educadores sociais do Concello de Xinzo de Limia. A Paz non é posible sen a convivencia, e esta vai moito máis alá da chamada "tolerancia". É preciso o desexo de coñecer ao diferente, destrutar das súas aportacións a nosa vida, a partir da idea de que as mínimas diferencias entre os seres humanos son irrelevantes ao lado de todo o que nos une. Asistiron á charla todas as alumnas e alumnos da ESO e o debate foi áxil e moi participativo.
Ver Galería "O Choupín"

Xa pola tarde o grupo de Teatro Talía, dirixido por María del Carmen Varela representou para todo o centro na Casa da Cultura a obra O xeneral e as bombas, alegato contra o sinsentido de todas as guerras, e para rematar, un macrogrupo de 58 alumnas e alumnos, coordinados polo profesor Pablo Cuervo, de Educación Física representou unha coreografía a partires dun tema orixinal de Michael Jackson. Foi, polo tanto, un excelente fin de festa para uns dos días máis especiais do ano no noso instituto. Grazas a toda a comunidade educativa por ternos apoiado e participado.
Carlos Ferreiro




Este día nos medios de comunicación: "lavozdegalicia.es"

2 de enero de 2012

FESTIVAL DE NADAL 2011


O 21 de Decembro do 2011  celebrouse   o  Festival de Nadal do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, na Casa da Cultura da mesma localidade. Comenzamos ás 11:30 horas coa obra titulada COMUNICADOS? ,representada por alumnos de 2º da ESO (Tania, Ana Martínez, Ana Alonso, Ana Mancebo, Vanessa  Ballesteros, Laura e   Noelia) .    Mellorou a nosa vida co  uso dos teléfonos? Acercounos  a teléfonía móbil máis ós nosos?



 Na obra A outra Carapuchiña vermella, representada por alumnos de 2º da ESO (Tania, Noemí, Rebeca, Laura, Óscar, Ana Alonso Vanessa,Ana Mancebo,  Alberto ,Rebeca, y   Noelia) fixéronnos dubidar de que o conto que nos contaron os nosos pais fora verdade.

As doce do medio día fixemos o sorteo das dúas cestas de Nadal e os agraciados foron dous familiares dos  rapaces que venderon as rifas: Concepción Asencio, mai de Alberto Borrajo, de 2º da ESO e Kin, familiar de Nuria  Basteiro, de 4º ESO. Gracias a todos os que participaron comprando a súa rifa. Invertiremos os cartos no Grupo de Teatro.

Rematamos coa obra titulada Érase unha vez ó Nadal, representada por alumnos de 1º e 2º da ESO .Foron un total de 32 alumno, nomeálos todos sería unha longa lista. A todos eles, inda que non os nombro eiquí, quero decirlles que o fixeron moi ben, que son unhas grandes persoas e uns mellores artistas. Espero que o Ano Novo vos traia moitas cousas boas.

MARÍA VARELA