2 de enero de 2012

FESTIVAL DE NADAL 2011


O 21 de Decembro do 2011  celebrouse   o  Festival de Nadal do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, na Casa da Cultura da mesma localidade. Comenzamos ás 11:30 horas coa obra titulada COMUNICADOS? ,representada por alumnos de 2º da ESO (Tania, Ana Martínez, Ana Alonso, Ana Mancebo, Vanessa  Ballesteros, Laura e   Noelia) .    Mellorou a nosa vida co  uso dos teléfonos? Acercounos  a teléfonía móbil máis ós nosos?



 Na obra A outra Carapuchiña vermella, representada por alumnos de 2º da ESO (Tania, Noemí, Rebeca, Laura, Óscar, Ana Alonso Vanessa,Ana Mancebo,  Alberto ,Rebeca, y   Noelia) fixéronnos dubidar de que o conto que nos contaron os nosos pais fora verdade.

As doce do medio día fixemos o sorteo das dúas cestas de Nadal e os agraciados foron dous familiares dos  rapaces que venderon as rifas: Concepción Asencio, mai de Alberto Borrajo, de 2º da ESO e Kin, familiar de Nuria  Basteiro, de 4º ESO. Gracias a todos os que participaron comprando a súa rifa. Invertiremos os cartos no Grupo de Teatro.

Rematamos coa obra titulada Érase unha vez ó Nadal, representada por alumnos de 1º e 2º da ESO .Foron un total de 32 alumno, nomeálos todos sería unha longa lista. A todos eles, inda que non os nombro eiquí, quero decirlles que o fixeron moi ben, que son unhas grandes persoas e uns mellores artistas. Espero que o Ano Novo vos traia moitas cousas boas.

MARÍA VARELA

No hay comentarios: