Nesta xornada do 30 de decembro, en conmemoración do Día da Paz recibimos no IES Carlos Casares a visita de varios alumnos de Xinzo de Limia, que nos viñeron a dar testemuño da experiencia da inmigración, a adaptación á vida noutro país, co seu enriquecemento e tamén as dificultades da viaxe, e por suposto nos falaron da súa cultura, costumes, gastronomía, etc. Os nosos convidados foron Rady Trinidad Díaz (EPA), Ayoub Nagihi (3ºESO), Abdenabi Erraihani (PCPI electrónica), Khadija Bechiki (PCPO cociña), Fatima Ezzahara Aboufaris (4ºESO). Todos eles foron coordinados por Xosé e Conchi, educadores sociais do Concello de Xinzo de Limia. A Paz non é posible sen a convivencia, e esta vai moito máis alá da chamada "tolerancia". É preciso o desexo de coñecer ao diferente, destrutar das súas aportacións a nosa vida, a partir da idea de que as mínimas diferencias entre os seres humanos son irrelevantes ao lado de todo o que nos une. Asistiron á charla todas as alumnas e alumnos da ESO e o debate foi áxil e moi participativo.
Xa pola tarde o grupo de Teatro Talía, dirixido por María del Carmen Varela representou para todo o centro na Casa da Cultura a obra
O xeneral e as bombas, alegato contra o sinsentido de todas as guerras, e para rematar, un macrogrupo de 58 alumnas e alumnos, coordinados polo profesor Pablo Cuervo, de Educación Física representou unha coreografía a partires dun tema orixinal de Michael Jackson. Foi, polo tanto, un excelente fin de festa para uns dos días máis especiais do ano no noso instituto. Grazas a toda a comunidade educativa por ternos apoiado e participado.
Carlos Ferreiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario